lunes, 14 de mayo de 2012

Un paseo ata Ferreira

O día 28 de febreiro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria visitamos Ferreira de Pallares. Fixemos o percorrido por un camiño fermoso, pouco transitado e con algo de lama que esquivamos como puidemos e que nos deixou o calzado embarrado.

En Ferreira gozamos da beleza da aldea e da grandeza do seu magnífico mosteiro, A súa torre elegante, o retablo maior de estilo barroco, a capela dos Taboada, as portas: principal, norte e sur, o claustro no que se atopan dous sartegos medievais, ... constitúen un patrimonio que todos debemos valorar e coidar.

Antes de volver ao colexio, probamos a auga das dúas fontes, que sae fresquiña no verán e que se nota máis quente no inverno.
Unha magnífica mañá sen lugar a dúbidas, o bo, as veces, atópase preto de nós.

A continuación, podedes ver algunha das fotografías que se fixeron durante o percorrido:





No hay comentarios:

Publicar un comentario